MARIN. COMUNICADOS DE LOS GRUPOS MUNICIPALES

Intervención de Sandra Pesqueira de Marea Marín no pleno do mércores 8 de febrero 2017. Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico.
Di un refrán que sempre nos lembramos de Bárbara cando trona, e é ben certo ese refrán no caso do patrimonio arqueolóxico. Descoñecido para moitas, desprezado por outros e abandonado por parte das institucións o patrimonio arqueolóxico e cultural de Marín corre o risco de desaparición ou destrución sen que aquí ata o momento pareza que pase nada.
Ben, nada non. Porque desde hai xa moito tempo existen colectivos sociais ou persoas a nivel individual que traballan arreo no eido da cultura na nosa vila. Que tratan desde a humildade e con escasos medios de dar a coñecer a grande variedade e valor do noso patrimonio. Colectivos que fan o labor que non realizan as administracións, que ou ben non fan nada ou invisten cartos unha vez tras outra nos mesmos bens, para xustificar así o seu desleixo para co resto do patrimonio. Aquí en Marín temos dous exemplos claros. Os petróglifos de Mogor e o Castro da Subidá, non vou dicir que sobradamente publicitados, mais si que son os únicos aos que o concello lles presta atención, mentres o resto fica abandonado.
Temos patrimonio máis alá de Mogor e da Subidá. Temos unha igrexa cuxo retablo barroco corre perigo polo caruncho, un castro espectacular como o de Castelo de Barbudo ou Outeiro dos Mouros totalmente a monte, petróglifos como os de Pornedo ameazados por un polígono, unha mámoa como a de Pedralonga atravesada por unha estrada feita pola Deputación de Pontevedra gobernada naquela altura polo PP. etc, etc. E non é de extrañar que isto suceda se ademais de estar abandonados e sen sinalizar, incluso están mal localizados e mal protexidos no PXOM.
E sabemos todo isto, en moitas ocasións por eses colectivos dos que falaba antes. Colectivos como a Irmandade Illa de Tambo, A Forneiriña, Colectivo Ecoloxista Luita Verde ou a Asociación Monte Pituco que denunciaron en xaneiro ante o Seprona, a Xunta de Galiza e o propio concello, os danos causados no grupo número cinco do conxunto rupestre da Carrasca, que serviu como escusa en xaneiro para presentar esta moción como urxente e que hoxe a tratemos neste pleno. Por iso, tal como diciamos na comisión de cultura onde tratamos este tema, non nos parece lóxico que agora se pretenda deixar fóra da elaboración do plan de protección do noso patrimonio a estes colectivos que tanto traballan pola súa defensa.
Na protección do patrimonio non sobra ningunha man e todas as voces e propostas son necesarias. Por iso, ademais de votar a favor desta moción, e tal como nos instaba a concelleira propoñente, imos presentar unha moción de urxencia para que se inclúa a este colectivos na elaboración do plan así como tamén as demais engádegas que fixemos naquela comisión e que basicamente son as propostas que fan este colectivos. Porque nós sabemos escoitar e respectar a quen ten algo que dicir. Vai no noso ADN.

A alcaldesa modifica o contrato da recollida do lixo despois do pleno extraordinario solicitado polo PSOE, BNG e Marea Veciñal
O cambio demostra que fixar unha plantilla mínima é perfectamente legal
MARÍN. 15.10.2016. O pleno extraordinario celebrado o pasado día 29 de setembro, a solicitude dos grupos do PSOE, BNG e Marea Veciñal, obrigou ao goberno local do PP a modificar os pregos que rexirán a reprivatización da recollida do lixo en Marín, de xeito que, agora si, establecerán unha plantilla mínima de 16 traballadores.
O pleno, no cal se debatiu a moción conxunta dos tres grupos coa comparecencia do representante dos traballadores (presentes no salón de plenos), marcou o punto de inflexión que estes esperaban nas negociacións iniciadas, desde hai máis dun ano, co grupo de goberno e que até agora foran negativas.
E é que o goberno do PP, rexeitou sempre as propostas referidas ao emprego e os salarios, manifestando, por boca da alcaldesa, que establecer unha plantilla mínima non era posible por ser “perfectamente ilegal”. Pechando así a porta á modificación dos pregos.
As negativas da alcaldesa, provocaron que os traballadores recurrisen aos grupos da oposición para facer presión conxunta ao PP, co obxectivo de acadar que as súas xustas reivindicacións fosen escoitadas por quen tiña na súa man recollelas nos pregos da nova adxudicación.
Agora, despois de meses vivindo na incerteza do futuro do seu posto de emprego, e da presión exercida polos nosos grupos, demostrase que os intereses dos traballadores son legais e garantilos só depende de que haxa vontade política. Algo que o PP demostrou non ter.
Novo documento
A pesar das declaracións triunfalistas da alcaldesa, debemos advertir, que durante estes días previos ao pleno ordinario de outubro, a celebrar o día 19, estudaremos detidamente o novo documento que nos foi entregado o venres pasado.
Nesta análise asegurarémonos de que os custos de explotación non sexan inferiores ao custo dos salarios anuais da totalidade da plantilla, de que se valoren os medios persoais, e de que o novo contrato tome como base para determinar os custos de explotación os valores medios do sector, e que determineo custo anual por categorías indicando a función profesional, o número de traballadores, e o salario anual coas súas especificidades correspondentes.
Ademais seguiremos insistindo en que o centro de traballo se sitúe dentro dos límites xeográficos do municipio de Marín.
Novo prezo do contrato e taxa do lixo
Queda por ver se esta nova contratación, máis cara para o Concello, suporá ou non unha mellora no servizo e cales van as ser as consecuencias para os veciños e veciñas de Marín que son os que, directa ou indirectamente, pagan a recollida, transporte e tratamento dos residuos.
Estaremos moi atentos a todo o que poida pasar, porque os feitos demostran do que é capaz o PP.
Asinado,
As portavoces do PSOE (Luz Santiago), BNG-AA (Pilar Blanco) e Marea Veciñal (Sandra

O BNG de Marín solicitará no pleno que o PP rebaixe a presión fiscal que aplica a través do IBI
Ao igual que fixeramos no ano 2013, solicitando o fraccionamento no pago do imposto máis gravoso para os veciños e veciñas de Marín, o IBI, o BNG de Marín solicitará do pleno da corporación que o goberno local do PP deixe de aplicar o incremento solicitado ao goberno centra sobre este imposto que afecta a practicamente a totalidade da poboación. O BNG solita unha rebaixa no tipo de gravame, e as as modificacións necesarias nas ordenanzas para a entrada en vigor destas modificación no ano 2017. Ademais queremos que se compensen, na medida do posible, as contías a aboar como atrasos así como que se facilite o pago dos atrasos a través do fraccionamento.

Decisión do goberno local
A suba do IBI no noso concello foi especialmente gravosa para os veciños/as, xa que supuxo un 10% máis en aplicación do R. Decreto do Goberno do Estado para o 2012 e 2013 e que se prorrogou até o ano 2015. Neste ano 2016 o tipo de gravame segue a ser o mesmo do ano 2011 ( 0,55), sufrindo a rebaixa do 10% correspondente á suba temporal aplicado polo Estado. Mais, o Goberno Municipal de Marín, a pesar de ter un resultado orzamentario positivo e un aforro de mais de 800.0000 €, optou por incrementar a presión fiscal subindo o imposto do IBI nun 12%. Esta subida é o resultado da solicitude do incremento do valor catastral das nosas vivendas, locais etc.. que o ano pasado fixo o goberno municipal, sen ningún tipo de debate e as caladas , ao goberno do Estado. Medida que foi denunciada polo BNG- AA de Marín.

Incidencia noutros impostos e axudas
Este incremento do 12% no valor catastral, non so supón a suba do recibo do IBI, senón que ten incidencia nos impostos estatais e autonómicos como o IRPF, o imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza Urbana, e na solicitude de axudas, como as becas dos/as estudantes, que poden perder estas axudas por sobrepasar o umbral do valor catastral ao variar o patrimonio da unidade familiar.

Catastrazo
Ao longo deste ano, os veciños e veciñas, están recibindo notificacións da Xerencia territorial do Catastro comunicando a incoación de expedientes de regularización Catastral por garaxes, piscinas, palleiras, terrazas, cerramentos, soleiras de cemento e hórreos…. Estas regularizacións provocasrán un aumento da cuántica do imposto de bens inmobles a pagar ao Concello. Dita regularización provoca no IBI un efecto de retroactividade de 4 anos. Polo tanto, o ben inmoble no só terá máis valoración no futuro, senón que se incrementa desde 2012. O recibo do ano 2017 virá co incremento da nova valoración en base a regularización, así como a reclamación do IBI dos últimos 4 anos.
Deste xeito, o Concello, atopárase no próximo ano con ingresos referentes a retroactividade de 2012 a 2016. Estes ingresos non previstos saen dos petos dunha gran parte dos vecinos e veciñas.
BNG MARÍN 06.10.2016

MAREA MARÍN SE POSICIONA EN LA POLÉMICA DEL TRASLADO DE LA DANESA MAERSK A MARÍN
A verdade non tiñamos pensado dicir nada deste tema. De feito seguimos pensando que non somos ninguén para dicir nada sobre unha decisión tomada libremente por un grupo empresarial. Dende a Marea Marín non entendemos nada do que está sucedendo na vila coa empresa Maersk e como hai moito adiviño que xoga a vaticinar a nosa postura e incluso a publicala mentindo conscientemente pois intentaremos explicala a ver se entenden algo.
Maersk é un empresa privada. Como tal ten autonomía para tomar as súas propias decisións sen depender do poder político. Porque, hai que lembralo, as políticas e os políticos non somos deuses do Olimpo. As xornalistas tampouco. Se a empresa cumpre a legalidade, quere vir traballar a Marín en igualdade competitiva con outras empresas e crea emprego na vila benvida sexa, se non quere pois nada. Porque a decisión é única e exclusivamente da empresa.
O preocupante desta situación vén agora. Que Vigo e Marín compitan politicamente dun xeito tan descarado cando están a menos de 20 minutos en coche resulta dantesco. Máis dantesco que xustifiquen esa batalla en nome dos postos de traballo cando non é nada estrano que moitas de nós traballemos en Vigo, nin que alguén de Vigo veña a traballar a Marín. Os localismos teñen que morrer se queremos cambiar o xeito de facer política. Cambiar o enfrontamento pola cooperación debería ser o camiño, mais en Marín non semella estar moi transitado vistas as declaracións doutras forzas políticas do Concello.
Tamén é preocupante iso de apoiar incondicionalmente algo. É unha auténtica animalada pronunciar iso dende a representación pública. Nós imos facer todo o posible para que o Porto de Marín funcione, manter e crear emprego e incluso que o poidamos disfrutar dun xeito lúdico. Está moi de moda dicir que estamos en contra do Porto e dos postos de traballo sen nin tan sequera preguntarnos. Ten moi pouca credibilidade vindo dos que apoiaron a reforma laboral e modificaron o artigo 135 para pisotear os dereitos laborais da maioría social. Marea Marín. 25.04.2016. Vía e.mail

MAREA MARÍN REXEITA O DESFILE MILITAR DO DÍA DAS FORZAS ARMADAS
Esta fin de semana Marín volverá a contar cun desfile das forzas armadas pola vía pública da vila. Resulta case dantesco que mentres somos continuamente privados das mellores instalacións, tanto para deporte coma para atraque de barcos, o exército teña a capacidade de invadir o espazo da cidadanía para a súa vida diaria.
Ademais de ser una cerimonia inútil, que en épocas máis escuras servían para demostrarlle a xente a quen tiñan que obedecer e para batallas de egos entre dirixentes, carece de sentido que non o fagan no territorio que actualmente ocupan, restrinxindo o aceso as clases non militares. 
Somos una vila democrática, o poder reside na soberanía popular e así reza a Constitución do 78, a que soamente lembran cando apetece. As estruturas militares están a disposición dos gobernos, non teñen capacidade na toma de decisións e salvo a declaración dun Estado de Excepción, de Alarma ou de Sitio non teñen a capacidade de actuar sobre a sociedade civil.
Polo tanto, dende Marea Marín:
a)Criticamos a decisión do goberno municipal de permitir e incluso apoiar este desfile. O exército está para defender os intereses do Estado, non para intimidar a cidadanía desfilando polo seu territorio portando armas.

b)Solicitamos a recuperación dos espazos da Escola Naval Militar para uso e disfrute da veciñanza de Marín, sempre sen comprometer as actividades de formación desenvolvidas.

LOS 'MONTÍCULOS EXTRAÑOS' EN EL RURAL DE MARÍN.
Desde el PSdeG-PSOE de Marin venimos observando una serie de “montículos” semiabandonados, cuya composición viene siendo asfalto, propiedad de la Excma. Diputación de Pontevedra y a disposición de los trabajadores de nuestro Concello.
Es tal el despropósito que uno de los “montículos”, situado en las proximidades del Cementerio de Santa Maria del Campo, cercana a la salida de la vía rápida del Morrazo ,ya se ha solidificado, después de haber sido “utilizado” por toda aquella persona o familia que haya tenido necesidad de utilizarlo y supongo que los operarios responsable del mismo .Dicho montón de material de construcción , no se encontraba ni protegido, ni vallado, ni nada de nada, tampoco tenia ninguna marca identificativa que indicara quien era el propietario del mismo.
Un caso similar se encuentra en las cercanías del cementerio municipal de la Raña, aunque este tiene una verja con una puerta, dicha puerta siempre, siempre se encuentra abierta.
Se ha de notar que existe una pequeña concentración de caravanas ,presuntamente instaladas en las proximidades de dicho material, que tiene el suelo del mismo donde estan, un material similar al acumulado en dicho “montículo”.
El PsdeG-PSOE de Marin no entendemos tal despropósito y desperdicio allí colocado, sobre todo el de Santa Maria del Campo, ya que dicho material ya no puede ser utilizado, dada su solidez. Da mucha pena que existiendo abundantes baches en la red de carreteras locales en nuestro rural, ya que no son reasfaltados por el Grupo de gobierno que seria lo normal y necesario, porque recuerdo que el rural de Marin paga también los impuestos, por lo menos podrían ser tapados con el citado material o cualquier otro que estimen. Pero puestos a aprovechar los recursos y dados estos momentos de recesión seria necesario recuperar y no tirar.
Fdo. Juan Manuel Rosales Perez nº6 del PSdeG-PSOE Marin


LA ALCADESA, MARÍA RAMALLO, REPLICA LAS MANIFESTACIONES DEL BNG EN MATERIA DE DEPORTES
MARIN. 26.02.2015. El BNG nuevamente, y van unas cuantas, intenta confundir a los marinenses en materia de deporte. Y lo paradójico es que nunca se habían preocupado tanto por el deporte como en esta legislatura. Cuando tuvieron la oportunidad de gobernar no se acordaron de la ubicación de las instalaciones deportivas, jamás se vio una mínima obra de mantenimiento. Sólo hay que ver cómo instalaciones como el Pabellón de A Raña o el Estadio Municipal de San Pedro ni siquiera tuvieron un mínimo pintado o arreglo, sin hablar del cambio radical de imagen que experimentó el Pabellón de A Cañota. Ahora, cuando no gobiernan, tienen tiempo hasta para medir si las líneas de las distintas pistas se ajustan a la normativa de cada deporte.
Y si, es cierto, que el Consejo Superior de Deporte, comprometió 60.000 euros para un supuesto proyecto de Campo de fútbol en Seixo. Y digo supuesto, porque en el informe del citado consejo se indicaba que existía el proyecto de la obra y el compromiso del resto de instituciones para aportar el importe total de la obra. Llegó la nueva corporación (la que de verdad se ha preocupado por el deporte en lo que llevamos de siglo) y nos encontramos que el proyecto era un informe previo de tres hojas. La justificación de la obra, es decir, la construcción y finalización del campo tenía que hacerse el 31 de octubre de 2011...que nos echen la culpa es para hacérselo ver.
Esta corporación prometió un campo de hierba artificial en Santomé y lo cumplió. Prometió que los clubes iban a estar al día en las subvenciones y lo cumplió (de este tema tendríamos otro capítulo para escribir). Prometió traer eventos de categoría nacional o incluso ahora mundial y lo cumplió. Y, a mayores, adecentó todas las instalaciones: pintó todos los pabellones, mejoró el estado de los vestuarios de todas ellas, compró canastas y porterías (hasta las redes de las mismas, algo insólito en la anterior legislatura) colocó un parquet en el Pabellón de O Sequelo, hizo del Pabellón de A Cañota un pabellón nuevo, creó nuevas zonas de esparcimiento deportivo (skate park o pistas multideportivas en la Avenida de Ourense o Parque Eguren), y un sinfin de apuestas por el deporte que se hicieron realidad, que hacen de Marín un lugar apropiado para hacer deporte.
Eso sí, nos quedan asignaturas pendientes porque no tuvimos la suerte de contar con las millonadas de los Planes E (entre otros). Las pistas de atletismo de San Pedro, donde se planteó un acondicionamiento previo (al que el señor Vilaboa denomina Formigonado) a la instalación de nuevas pistas; el Pabellón de Seixo que se convertirá en realidad en la próxima legislatura y una instalación para deportes náuticos para la cual se han dado los primeros pasos y que también será realidad en la próxima legislatura.
Nos queda la satisfacción de que todo lo que hemos hecho, está pagado. Que si vienen otros, no tendrán que preocuparse. También nos queda la satisfacción de ser la corporación que más se ha preocupado por el día a día de los clubes y deportistas, por haber apostado por eventos de talla nacional y por haber mejorado las infraestructuras de forma radical.


COMUNICADO DO BNG SOBRE O PROBLEMA DO SERVIZO DE AMBULANCIA 24 HORAS
MARÍN. 20.02.2015. Con motivo da reunión mantida hoxe ( xoves 19.02.2105) en Compostela sobre o servizo do 061 en Marín, solicitada a instancias da CIG, e a raíz dunha nota de prensa(http://pontevedraviva.com/xeral/18070/sergas-nega-marin-restitucion-servizo-nocturno-061-falta-demanda/) que mañá sairá publicada nos medios e que hoxe xa publican os medios dixitais, queremos comunicar que o BNG non asina esta nota e que queremos deixar claro o seguinte:
 Hoxe tivo lugar a reunión solicitada, a instancias da CIG, polos portavoces municipais de Marín. Depois de máis dun mes, a señora alcaldesa comunicounos que a reunión tería lugar hoxe día 19 en Compostela. O resultado non puido ser máis decepcionante: o Sergas, é dicir, o goberno do PP da Xunta, négase a repoñer o servizo 24 para Marín en base a datos manipulados e asegurando que non é necesaria. Para máis inri a ALCALDESA MINTE NESTA NOTA  ao afirmar que “Desde la Corporación asumen que el regreso del servicio nocturno en estos momentos no se va a abordar por parte de la Consellería de Sanidade”. O BNG deixou moi claro que NON ACEPTAMOS QUE MARÍN SIGA SEN SERVIZO DE AMBULANCIA 24 HORAS. É inaceptable que se atreva a falar en nome da Corporación cando durante a reunión quedou patente a actitude pasiva e transixente da alcaldesa coa decisión da Xunta,fronte a actitude reivindicativa do BNG para que este servizo se repoña en Marín.
Durante a reunión o BNG demostrou que non se trata de “datos” nin de falta de “incidencias”, senón dun recorte en toda regra que o SERGAS practica en Marín porque o actual gobern do PP, e a alcaldesa en particular,  dalle todo tipo de facilidades e durante os catro anos que levamos sen ambulancia non abreu a boca para reclamala. É máis, dende un principio a señora Ramallo incumpriu a súa palabra de que “aportaría datos cada 15 días” que demostrasen que en Marín estaba cuberto o servizo a pesar deste brutal recorte.

INUNDACIONES EN EL MULTIUSOS
MARÍN. 21.01.2015. A través de un comunicado firmado por el concejal Xosé María Vilaboa, el BNG sale al paso de las declaraciones efectuadas por la concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, respecto al origen de las inundaciones padecidas por el Multiusos en días de intensas lluvias achacándolas "a un problema persistente desde su apertura". Atendiendo a su petición lo transcribimos y estamos abiertos, como es obligado, a recibir y publicar la contrarréplica de la concelleira aludida:
"A obra do Multiusos da Praza de Abastos de Marín rematouse de construír en abril de 2011. A Concellaría de Mercado que dirixía eu memso, Xosé María Vilaboa (BNG) impulsou o acondicionamento deste espazo que levou a cabo unha empresa de Marín. Todos os traballos: capintería (de madeira e aluminio), cantería, albanilería,… foron encargados a profesionais de Marín. O resultado, ao noso parecer, nun puido ser mellor. Incluso a acústica é case perfecta para un espazo que só pretendía ser un complemento máis á falta de espazos públicos da nosa cidade, mais que finalmente acabou sendo, con moito, o máis utilizado. O Multiusos serve para todo: concertos, magostos, ceas e comidas, mitíns, bailes, eventos deportivos,…e algúns xa non se lembran onde tiñan que facer todo isto antes de que ao BNG se lle ocurrrira converter un espazo infrautilizado nunha dotación polivalente e por riba levalo a cabo. Das críticas dende a oposición, e incluso agora, dende o goberno,  xa nin falar.
Para mostra as declaracións da señora concelleira delegada de Medio Ambiente con motivo da auga que entrou no Multiusos o pasado 15 de xaneiro: “La concejala de Medio Ambiente, la popular Marián Sanmartín, admitió este problema para el que el Concello busca solución. Las goteras han sido un problema persistente en el Multiusos desde su apertura, y este inconveniente es muy molesto porque el local es el centro cultural más utilizado por los colectivos y asociaciones del municipio”. 
Para empezar sorprende que en catro anos de goberno non foran capaces de solucionar “ese inconveniente tan molesto” que afirma existe dende a súa construcción, vese que, polo menos nos días en que o PP truxo a Feijóo ou a Gallardón non lle cadrou con pingueiras. E para seguir, sorprende máis aínda que despois da crítica non explicase cal é o auténtico problema: a falta de mantemento básico que require calquera obra. E aínda máis: a limpeza das canaletas que a señora Sanmartín deu a orde de facer ao día seguinte da entrada da auga.

Na foto que acompañamos podese observar cal é o sistema de desaugue da cúpula do Multiusos: unha canaleta rodea  parte plana. Os orificios sinalados corresponden aos desaugues que en número de 7 baixan ao patio interior (os tubos grises pegados os arcos do mercado). A grava protexe un tecido xeotextil que impide que os axentes meteorolóxicos danen o illamento térmico e a impermeabilización da cuberta.
A foto foi sacada o día 17 de xaneiro.  Ademáis de limpar a canaleta (despois de catro anos), os operarios mal asesorados (pois á concelleira non se lle pasou pola cabeza falar co arquitecto que dirixiu ás obras de construción e que diseñou este espazo, tamén de Marín por certo), retiraron a grava que protexe o xeotextil deixándoo a expensas dos efectos da chuvia e o sol, o cal acabará provocando o seu deterioro. 
Onde hai pingueiras e persistentes é no goberno local do PP, que aparte de non ser quen de dotar a Marín do superauditorio que prometían na punta do muelle(!), deixou perder a casa de Cruz Gómez, é incapaz de facerse co edificio Baladrón nin de facer que os propietarios o manteñan en condicións, ten pechado o centro dos Petróglifos que lle deixamos rematado(só por citar algún exemplo), e por riba é incapaz incluso de manter en condicións os edificios que recibiu do goberno anterior."
BNG 21.01.2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario