jueves, 3 de agosto de 2017

MARÍN. PROGRAMACIÓN DE FESTAS PARA AGOSTO

MÁIS FESTA
Unha chea de actividades ocupan a programación festeira do mes de agosto
Festival 'Pousos da Area', Festival do Quilo, Festa Corsaria, Fogos de Lucería en Loira e Rapa das Betas Monte Xaxán
MARÍN. 03.08.2017. Este mes de agosto segue a programación estival no Concello de Marín. Comeza coa décimo primeira edición de “Saldomarín”, organizado pola Asociación de comerciantes Estrela de Marín que terálugar entre as datas do 4 o 6. O sábado día 4, no Parque de Briz, terá lugar o I Festival Pousos de Área, a partir das  21h, coas actuacións dos grupos Retrouxo, de Cela; Brisas do Quenllo, de Tórdola; Picuiña, de Marín, e Pousos da Area de Marin. O día 11, venres, voltará a Gala Benéfica "Festival do Quilo", que promove Julio Santos, a partir das  20:30h, na Alameda Rosalía de Castro, con actuación e sorteo de agasallos. Os 12 e domingo 13, voltará a XII edición da Festa Cabalar, "Rapa das Bestas" do Monte Gagán en Santomé de Piñeiro. Baixada de cabalos, xogos populares y pola noite concerto de rock, son algunhas das actividades que terán continuidade o domingo as 11:30,  soa separación dos potros, musica de gaitas  xa pola tarde a Rapa das Bestas as 18 h.  O venres 18 terá lugar as festas da Praia do Loira. Con pasarrúas pola mañán, inchables pola tarde, e festa de escuma e toro mecánico. Seguindo as 22:30h con verbena, as 00: 00 a Gran tirada de Fogos de Lucería e seguidamente música de DJ.  Os días 18 e o 19 de Agosto, nas rúas de Marín poderá disfrutarse coa Festa Corsaria. E o 26 de agosto, organizado polo Concello coa colaboracion da Xunta de Galicia Cine na Rua. As  22:00h, na Rúa do Sol. Coa película "9 ondas".

No hay comentarios:

Publicar un comentario