viernes, 19 de mayo de 2017

MARIN. DEBATES Y CONFERENCIAS EN EL CLUB DE OPINIÓN PORTOCELO

O columnista Rodrigo Cota analiza cara a cara oa alcaldesa María Ramallo seis anos de goberno municipal do PP
O Club de Opinión Portocelo organiza un debate coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, baixo o título “Conversando con María Ramallo” que se celebrará o 24 de maio ás 20:30 no Museo Manuel Torres. Con esta iniciativa o Club de Opinión Portocelo pretende analizar coa actual rexedora, agora que vai pasar o ecuador do seu mandato, os dous anos de goberno, a súa traxectoria política, as promesas cumpridas ou pendentes de cumprir e outros temas de interese local. Este debate será presentado e dirixido polo escritor, columnista e guionista de cómic Rodrigo Cota.

O periodista marinense Carlos Prado conta as súas experiencias periodisticas e medioambientais na Antártida
O Club de Opinión ‘Portocelo’ organiza unha conferencia sobre ‘Xornalismo e cambio climático’ no que intervirá como poñente o mozo periodista marinense Carlos Prado Pampín que disertará sobre ‘Antártida, as pegadas no xeo, Vivencias dun reporteiro de Marín.’ O acto terá lugar o próximo día 9 de xuño no Museo M. Torres.
Carlos Prado Pampín, exporá, apoiado nunha curtometraxe realizada para La Sexta, a súa experiencia periodista na Antártida, onde acudiu o pasado febreiro a bordo do buque de investigación ‘Hespérides’ para facer unha reportaxe sobre el terreo das consecuencias do cambio climático. Da súa viaxe ao continente antártico adianta antes da charla que: "Convivímos coa élite da ciencia e comprobamos que había case 40 anos que non había tan pouco xeo. Os glaciares derrétense, achegan auga ao mar e sobe o seu nivel.
Carlos Prado nova promesa do xornalismo posúe o Premio Befesa de Periodismo Medioambiental co que lle foi recoñecido o seu labor e "a linguaxe didáctica e objextiva empregada polo premiado para trasladar ao espectador con rigor temas complexos de forma sinxela".
Desde rapaz gustáronlle os animais e amosou unha especial paixón e respecto polo medio e a natureza, algo que aínda hoxe en día leva dentro.
Estudou bacharelato no IES Illa de Tambo, onde comeza a despertar nel certo interese por estudar bioloxía, aínda que despois derivaría a súa predilección polo xornalismo, especialidade na  que se licenciou pola USC, despois de  pasar pola Escola de Imaxe e Son de Vigo. Foi pregoneiro das festas de Marín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario